Tributo ao queixo Arzúa Ulloa na EFA Piñeiral
No marco do programa da 45 EDICIÓN DA FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA o centro de formación profesional Efa Piñeiral invitounos a ofrecer unha masterclass co queixo Arzúa-Ulloa como protagonista na que tentamos visibilizar a gran potencialidade deste queixo na cociña e na repostaría. Baseado coma é habitual en nós nunha cociña persoal e de produto, centrada en plasmar a versatilidade e potencialidade do Arzúa Ulloa en diferentes elaboracións, levamos adiante unha masterclass na que presentamos unha escolma de primeiros, segundos e sobremesas que destacaron a pureza e excelencia do produto .
En total fixemos 9 elaboracións, alguhas delas incluidas na propia carta do seu establecemento entre as que nn faltaron o Boliño de castañas con rixóns e queixo Arzúa-Ulloa, Sopa de marmelo e mouse de Arzúa-Ulloa con texturas, Selección de queixos aromatizados con aove, Fondue de Arzúa-Ulloa con polbo, cachelo e verduriñas e Pementos jalapeños crocantes recheos de queixo Arzúa-Ulloa foron os entrantes presentados. Como principais Calçot con vo de oca con xamón e Arzúa-Ulloa, Cus cus de coliflor con Arzúa-Ulloa, remolacha e verduriñas e Bikini de rabo de vaca broa e queixo Arzúa-Ulloa, e finalmente como sobremesa queixo Arzúa-Ulloa, marmelo e panel de mel.
A nosa intención é a de servir de inspiración ós profesionais da hostalaría da comarca con propostas sinxelas e nas que o Queixo Arzúa-Ulloa teña un papel clave dentro da receita. É un luxo poder aproveitar eventos como este, dentro da Festa do Queixo, como escenario para a creación de sinerxias entre productores, hostaleiros e cociñeiros para traballar man a man e poñer en valor o producto e a importante labor que o Consello Regulador realiza como garante de calidade”.
Moitísimas grazas a todos os organizadores, alumnado e profesorado do EFA Piñeiral pola acollida, para nós foi un verdadeiro pracer poder contribuir na promoción do rural, poñendo en valor este territorio e os seus grandes produtos.
+ There are no comments
Add yours