Gastroexperiencia solidaria no Festival da Luz


Gastroexperiencia solidaria no Festival da Luz

Unha gran experiencia a que tivemos oportunidade de vivir no Gastroespacio habilitado por Mahou no Festival da Luz, que se celebrou no concello de Boimorto os días 8, 9 e 10 de setembro. Unha iniciativa solidaria de Luz Casal na que se vive un ambiente incrible e que contou cunha grandísima afluencia de público a pesar da choiva. Ademais, este ano o Festival colaboraba con Oncomet, o Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional que centra a súa investigación no estudo das metástasis.

A nosa participación foi na última xornada, o domingo, e elaboramos para os asistentes unha tapa de higo recheo de robaliza, aproveitando que estamos en plena tempada deste delicioso froito, acompañada dunha sopa de améndoa fría. O Gastroespacio acolleu, ademais, varios talleres de tiraxe de cervexa, nos que o público aprendeu os segredos para unha tirada perfecta e puido degustar cervexa Mahou. As xornadas se completaron, ademais, con varios showcookings de compañeiros como Gerson Igrexas de Ruxe Ruxe, Alberto González, do restaurante Silabario de Tui, e Rafa Centeo e Inés Abril, do restaurante con estrela Michelín Maruja Limón de Vigo ou Álvaro Victoriano do restaurante Peculiar da Coruña.

+ Non hai comentarios

Engade o teu