Diversidade e orixe, a nosa aposta gastronómica na World Olive Oil Exhibition


Diversidade e orixe, a nosa aposta gastronómica na World Olive Oil Exhibition

Eloy Cancela e Kike Piñeiro, como responsable da área Gourmet da WOOE, sorprenderon aos profesionais que partiparon no encontro internacional de comercialización do aceite de oliva máis importante do mundo

Unha edición máis, e van seis, os participantes da World Olive Oil Exhibition (WOOE) que se celebrou en Madrid os días 29 e 30 de marzo, puideron gozar coas creacións que, nesta ocasión, elaboramos conxuntamente os dous responsables da nosa #pequeñaaldea, Eloy Cancela e Kike Piñeiro. Máis de 3000 profesionais procedentes de 38 países déronse cita neste encontro mundial, referente imprescindible na comercialización do aceite de oliva. E o máximo responsable da área gourmet da feira volveu estar en mans de Kike en quen a organización volveu pór a súa confianza para sorprender aos visitantes á feira con elaboracións gastronómicas nas que o aceite de oliva é o protagonista.

Kike dirixe a Gourmet Area da WOOE desde a primeira edición da feira e, nesta ocasión, as súas elaboracións estiveron encamiñadas a exaltar a orixe do produto, a terra da que se obtén o Aceite de Oliva Virxe Extra (AOVE) e que fai a este produto único. E que mellor para esta tarefa que contar coa colaboración da outra metade da Horta do Obradoiro, que xa acompañara a Pîñeiro nalgunhas das edicións anteriores

O reto nesta ocasión era centrar a atención na orixe e crear diferentes bocados nos que se poñan de manifesto a diversidade dos aceites de oliva do mundo e as peculiaridades de cada territorio, con especial atención aos aceites de oliva ecolóxicos. Para iso creáronse unha serie de elaboracións vinculadas ao catro elementos básicos do mundo: terra, auga, aire e lume:

A terra, presente nun bocado vexetal de tempada aromatizado cun aceite de trufa. Un aceite yodado, tras haber infusionado algas galegas nel, serán o aderezo dunha caballa coa que lembrar o mar, a auga mentres que o Aire manifestouse a través dunha anguía envolta en aire de aceite. O Lume poderá sentirse co aceite con guindillas picantes dun estofado de rabo de vaca cun toque vexetal.

Finalmente houbo un quinto bocado, para o quinto elemento, o Éter, no que experimentamos cun bocado doce recheo de queixo, chcolate, laranxa amarga e aceite, por suposto.

Sobre a feira
A World OliveOil Exhibition é a maior feira internacional dedica en exclusiva á comercialización de aceite de oliva. En marcha desde 2012, é un encontro de carácter profesional dirixido fundamentalmente a cooperativas e almazaras produtoras que buscan abrir novos mercados e oportunidades de exportación, así como aos principais compradores de aceite de oliva de todo o mundo. Na edición de 2016 participaron máis de 100 almazaras de toda España (Andalucía, Castela A-Mancha, Castela e León, Estremadura, Galicia, Madrid, Cataluña e Illas Baleares), Tunes e Grecia; ademais de compradores, importadores, intermediarios, prensa especializada e profesionais do sector de 38 países. Nesta edición programáronse, ademais, 27 catas e conferencias que pechan o programa máis ambicioso de todas as edicións da World Olive Oil Exhibition.

+ Non hai comentarios

Engade o teu