Renovamos a distinción Bib Gourmand
Por segundo ano consecutivo a nosa pequena aldea volve acadar a distinción Bib Gourmand, que recoñece o traballo dos restaurantes seleccionados polos inspectores da Guía Michelin que ofrecen a mellor relación calidade-prezo nas súas propostas gastronómicas, que non superan os 35 euros en España e os 30 en Portugal. Un total de 22 restaurantes galegos conseguiron este ano revalidar o conseguir este recoñemento en en Galicia e o Museo do Ferrocarril de Madrid foi o lugar escollido para facer a entrega das placas coa distinción.
O acto, celebrado no marco do evento gastronómico MUFF de Mahou, reuniu a 180 cociñeiros dos 285 restaurantes Bib Gourmand seleccionados na Guía MICHELIN 2019, que recibiron as chaquetillas Bragard Bib Gourmand, así como a placa Bib Gourmand MICHELIN, un elemento decorativo que permite identificar aos restaurantes que ostentan esta distinción na Guía MICHELIN.
A partir de ahora A Horta a porta volverá lucer o famoso “bibendum”, que aparecerá relaméndose no pictograma que distingue aqueles establecimentos nos que atoparemos excelentes propostas culinarias a precios asequibles e, coma sempre, unha aposta indubidable por unha cociña honesta e de produto.
+ There are no comments
Add yours