A Horta do Obradoiro, restaurante recomendado na Guía Repsol 2020


A Horta do Obradoiro, restaurante recomendado na Guía Repsol 2020

Na cocina galega estamos este 2020 de noraboa coa recente incorporación de máis restaurantes en todo o territorio galego que acadaron novos recoñementos na Guía Repsol. Así, son un total de 81 os establecementos de restauración nas catro provincias galegas que contan con algún Sol Repsol ou están na súa lista de Recomendados, a antesala ao recoñecemento cos Soles. En España hai un total de 545 restaurantes con Soles Guía Repsol en 2020. No caso galego, son 24 os establecementos que contan con algún Sol Repsol, sendo únicamente Pepe Solla e, por vez primeira, Culler de Pau, os dous únicos establecementos galegos que suman a máxima distincións, os tres Soles, máximo recoñecemento desta recoñecida guía.

É a nosa pequena aldea volve estar neste listado de Recomendados composto por tan só 57 establecementos das catro provincias. Este recoñecemento supón que os críticos de esta recoñecida guía de España e Portugal consideran que o restaurante é bastante interesante segundo os criterios da Real Academia Española de la Gastronomía (RAEG), da Cofradía de la Buena Mesa e dos inspectores de restaurante, aos que lle pode influir o criterio das academias de cada Comunidad Autónoma e as novas gastronómicas publicadas durante o ano. Son pois, moitos, os criterios que determinan este recoñecemento moi valorado polo sector gastronómico.

Con esta revalidación, que se une á renovación do noso recoñecemento do Bib Gourmand da outra das grandes guías gastronómicas, a Guia Michelin, sentímonos agradecidos polo interese demostrado polos críticos gastronómicos e seguiremos traballando pola excelencia, a calidade e a nosa aposta por unha cociña de raigame que nos representa, especialmente para seguir sorprendendo a todos os comensais que nos escollen diariamente para disfrutar dos nosos platos.

+ Non hai comentarios

Engade o teu