Sabor, emoción e dúas cociñas nunha soa: Eloy e Kike


Sabor, emoción e dúas cociñas nunha soa: Eloy e Kike

Unha pequena aldea levantada con esforzo conxunto e con moito cariño e paixón, unha proposta gastronómica singular, dúas cociñas distintas unidas no corazón da Horta D’Obradoiro por dous cociñeiros, Eloy Cancela y Kike Piñeiro que constrúen día a día unha carta que vai medrando ao mesmo tempo que discorre a aprendizaxe do local.

Dous estilos diferentes pero complementarios que dan lugar a unha completa proposta culinaria

Porque se algo tiñan claro estes dous cociñeiros é que teñen dous estilos diferentes pero complementarios que dan lugar a unha completa proposta na que non faltan os platos máis tradicionias da gastronomía galega perfectamente harmonizados con outras propostas máis creativas e sabores arriscados, nos que se mesturan outras cociñas e tendencias. Estas dúas cociñas, a tradicional máis apegada ao producto e ao sabor convive coas novas creacións, produto da mestura destes dous cociñeiros que de seguro seguirán sorprendendo aos nosos padales.

+ There are no comments

Add yours